Con motivo dos cento corenta anos do nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao e do cen aniversario da primeira publicación do seu libro Cousas, o Concello de Santiago organiza o paseo Castelao insólito.
No seguinte formulario podes inscribirte na versión guiada do paseo, que terá catro sesións: nos días 25, 26 (2 sesións) e 27 de xuño de 2026 e que consiste nunha versión ampliada da presente neste web.
Cada sesión ten unha duración aproximada de 2 horas e un número máximo de 30 persoas asistentes. Repartiranse radioguías* para facilitar a audición. O idioma dos paseos é galego.
*Coas radioguías repartiremos auriculares, mais por ecoloxía o ideal é que cada persoa traia os seus propios auriculares da casa. Se tes algunha dificultade auditiva, de mobilidade ou doutro tipo, agradecemos que nolo comuniques previamente para facilitarmos a túa participación.
